jueves, 3 de noviembre de 2011

Gañadora do concurso de relatos de medo

Xa temos á gañadora do concurso de relatos de medo do cole..... e foi Marta Corbacho Sineiro de 5º A.
O conto gañador foi  seguinte:


A Casa Encantada

"A unha vila sempre chegan turistas a ver grandes museos, parques naturais… pero no Couto non hai museos nin monumentos. No Couto hai… UNHA CASA ENCANTADA! E tamén hai dous nenos moi coñecidos por ser moi teimudos. Un día quixeron pasar a noite na Casa Encantada e, de tanto insistir, chegaron a convencer aos seus pais -cousa que foi moi difícil-.
Chegaron ata a porta sen medo, subiron as escaleiras que renxían, e non se asustaron! De súpeto, saíu unha pantasma dun cuarto e, mortos de medo, marcharon de alí.
Á noite seguinte volveron, cruzaron a porta e subiron polas escaleiras sen medo. Saíu a pantasma outra vez e… marcharon correndo!
Á noite seguinte levaron os seus tirapedras. Pasaron polo camiño máis longo para idear un plan e ver quen era a suposta pantasma. Cruzaron polo colexio, polo supermercado, pola igrexa e pola libraría. Chegaron á porta, subiron as escaleiras que renxían, cargaron os seus tirapedras e esperaron a que saíra a pantasma.
Chegaran ás dez e media e xa eran as doce e vinte!
Cando estaban a piques de marchar, apareceu. Apuntaron cos seus tirapedras, dispararon… pero non lle deron. Quixeron volver a tirar pero perderan a munición polo camiño e decatáronse de que estaban indefensos!
De súpeto, tiveron unha idea: colleron unha vella corda, amarraron os extremos a dous mobles e, cando a pantasma pasou por alí, enleou os pés e caeu de fociños.
Os dous amigos botáronse enriba, quitáronlle a máscara de pantasma e descubriron que… era o alcalde! Que así se entretiña para atraer aos turistas!"


Agora estamos á espera de ver que debuxos fixeron os pequeniños do cole para ilustrar  este conto. Seguirémosvos informando.

3 comentarios:

  1. ESTE CONTO SI QUE E ORIXINAL,E MOI BONITO,SI QUE MERECIA GANAR O PREMIO.

    ResponderEliminar
  2. é un conto moi bonito e a vez de medo.e moi orixinal.

    ResponderEliminar

Podedes dicir o que pensedes pero sempre desde o respecto. Graciñas