viernes, 18 de febrero de 2011

Vamos ao colexio, qué sorte!!!

Levamos moitos días falando da gran sorte que temos de poder ir ao colexio e aprender moitas cousas. Tamén falamos moitísimo de que aínda que todos somos diferentes a convivencia entre distintos nos fai máis grandes. Por iso hoxe vimos na clase a curtametraxe "Binta y la gran idea". Esta curta está dirixida por Javier Fresser e pertenece á película 'En el mundo a cada rato'. Rodado en Senegal coa axuda de UNICEF, conduce ao espectador ao mundo de Binta, unha nena de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa prima de ir ao colexio.

Ademáis aproveitamos para que todo o mundo vexa como poden quedar os nosos disfraces de entroido, porque este ano vamos de africanos. De africanos da África occidental (Senegal, Nixeria,...). Vos seguiremos informando.....


martes, 8 de febrero de 2011

A nosa mascota LISI

Os nenos e nenas de 4º B estamos moi contentos porque temos unha nova amiga e a queremos presentar. É unha gatiña moi simpática e divertida de cor morado que apenas ten un ano e pico. Chámase Lisi.
Lee moitos contos, sobre todo de animais. Gústalle aprender cousas novas e está moi atenta a todo o que pasa na clase. É unha gata moi xoguetona, gústalle xogar co seu xoguete que á unha pelotiña vermella que colga dun pau. Se lla colles e acercas verás como xoga. Despois dos recreos está tan cansa  de correr detrás dos seus amigos que se mete no cestiño e bota un gran sono. Tamén miaña cando se acaricia. Pasadlo ben ca nosa mascota.