jueves, 29 de noviembre de 2012

Novo curso

Curso novo!!!!!!
Tardamos un pouquiño en publicar este ano porque temos moitísimas cousas este curso que facer, e case non temos tempo de nada; pero aquí estamos de novo.
Este curso preséntase con moitas novidades como a nova cooperativa escolar. Ainda a estamos a formar, cando teñamos novas vos  llas contaremos.
Tamén temos unha nova compañeira. Ela chámase Erica e ven de Paraguay. É unha nena moi simpática e doce e pensamos que nos levaremos moooiiii ben. Xa vos contaremos máis cousas dela.
Este ano xa estamos en 6º e case estamos a acabar a nosa andadura por primaria. Todo pasou moi rápido pero aínda queda o mellor!!!!!

sábado, 5 de mayo de 2012

DÍA DA VENTA!!!!!

E por fin chegou o día da venta. Estamos moi ilusionados co noso proxecto e xa temos data para vender os nosos produtos. Será o vindeiro 20 de maio (domingo) pola tarde na nova praza do concello de Ribadumia e será no marco da festa da familia que organiza o concello. Alí estaremos todos os nenos e nenas de 5º A para vender todo o realizado dende a cooperatica Little Planet (pequeno planeta). Temos moitas cousas feitas: marcapáxinas, imáns para a neveira, libretas decoradas por nós, broches, carteiras, ....e moito mais.
Esperámosvos a todos e todas!!!!!

domingo, 22 de abril de 2012

Día do libro: El Principito

Mirade que encontramos navegando por internet. A historia do Principito contada de forma moi especial.....
É a nosa pequena homenaxe para o día do libro.


martes, 10 de abril de 2012

Equipo completo

Nesta foto estamos todos os cooperativistas de Little Planet (pequeno planeta) na nosa oficina. Hoxe tivemos unha asamblea para decidir qué elementos temos que mercar para empezar a elaborar os nosos produtos. Xa queda menos tempo e hai que apremiarse!!!!!

lunes, 19 de marzo de 2012

LITTLE PLANET (pequeno planeta)

Que vos parece o nome? non sabedes de que vai verdade? pois é o noso proxecto de clase. É un gran proxecto    no que estamos todos os nenos e nenas da clase e que consiste na creación dunha cooperativa escolar. Si, si, unha cooperativa con todo o que implica. Temos un presidente, unha vicepresidenta, unha secretaria co seu vicesecretario e un tesoreiro e o seu axudante. E todos e todas somos cooperativistas con mesmo peso e a mesma implicación. Tivemos que constituirnos como cooperativa cunha asamblea de constitución, elaborar os nosos estatutos, facer a nosa imaxe corporativa, aportar un capital inicial,..... ufff! cantísimo traballo, pero que divertido!!!
Deixámosvos cunha referencia feita na páxina de educación da Xunta de Galicia


http://www.edu.xunta.es/web/node/4342


E agora o enlace á páxina web de Canal Rias Baixas onde nos gravaron o día da presentación oficial da cooperativa e da validación dos estatutos


http://www.canalriasbaixas.com/content/view/12445/1/


Seguirémosvos informando!!!!

martes, 6 de marzo de 2012

ENTROIDO, SUPERENTROIDO!!!!!

O entroido deste ano foi moi especial. Todos viñemos disfrazados da casa e estivemos asistindo ás explicacións cos disfraces postos. As perrucas molestaban un pouquiño e algúns tivémolas que sacar pero en xeral foi moi divertido. Despois do recreo fixemos na superfesta para celebralo con moitos doces de entroido como orellas, filloas, cañitas...
Vos deixamos cunhas fotillos do día














miércoles, 8 de febrero de 2012

Día da Candeloria

Xa saíron os gañadores do certame de cartas de amor do Día da Candeloria e os gañadores foron....... ta ta ta chán...... Adrián Castro Carrera e Luís José González-Redondo Montojo. Fixeron unhas cartas moi bonitas. Se queredes botales un olliño aquí as tedes:


Adrián Castro Carrera

Ola, cariño. Intentarei dicirche todo o que tiña gardado para ti neste
tempo. Quizais se algún día estás comigo poidas entendelo e comprenderme, ou quizais non… Só le e logo veremos.

Quizais nunca chegues a entender por que significas tanto para min
e por que a túa opinión é a máis importante. Quizais nunca chegues a
comprender por que non tremo ao mirarte aos ollos e dicirche o que significas para min. Quizais nunca… por que cada vez que te busco desexo facerte feliz. Fasme vivir, fasme rir, fasme ter un corazón moi grande…

E só quero dicirche que non importa o tempo que pase. Eu estarei
aquí esperándote, sen importar as pelexas que tiñamos.

Sempre darei o meu brazo a torcer se é necesario, porque me importas
e quérote. Espero que nunca me esquezas e que sempre me queiras como te
quero eu.

Sempre teu,
Adrián



Luís José González-Redondo Montojo

Querido Jacob:

Ti sempre fuches o meu mellor amigo dende que nos coñecemos. Aínda
que ás veces enfadámonos, sempre o superamos e volvemos a ser amigos.
Axudáchesme en momentos difíciles, defendíchesme en malos casos, tamén
botáchesme unha man cando o necesitaba. Espero que sigamos sendo amigos
para sempre.

Con cariño
Luis.


A entrega de premios foi moi emocionante:



Esperamos que vos gustara.