martes, 22 de noviembre de 2011

Xogo matemático de operacións básicas

Mates, mates, mates, xogo, xogo, xogo.... Canto vades aprender!!!!!!!
Picade no enlace debaixo do debuxo e A XOGAR!!!!

http://www.matematicasdivertidas.com/Zonaflash/juegosflash/operaciones%20basicas%20con%20manzanas.swf

Marcapáxinas monstruosos

Agora xa lemos libros moi gordos, por iso estes marcapáxinas tan monstruosos e orixinais nos poden servir para deixar no recunchiño da folla....
Os nosos quedaron chulísimos.

martes, 15 de noviembre de 2011

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Operacións combinadas en Matemáticas

Estamos a ver as operacións combinadas en matemáticas e a orde que temos que levar para resolvelas. Xa temos na clase unha pirámide na parede que nos axuda nestas operacións, pero temos que seguir traballando. Preme no enlace que hai debaixo do debuxo:
operacións combinadas





Esperamos que vos entretengades.

jueves, 3 de noviembre de 2011

Gañadora do concurso de relatos de medo

Xa temos á gañadora do concurso de relatos de medo do cole..... e foi Marta Corbacho Sineiro de 5º A.
O conto gañador foi  seguinte:


A Casa Encantada

"A unha vila sempre chegan turistas a ver grandes museos, parques naturais… pero no Couto non hai museos nin monumentos. No Couto hai… UNHA CASA ENCANTADA! E tamén hai dous nenos moi coñecidos por ser moi teimudos. Un día quixeron pasar a noite na Casa Encantada e, de tanto insistir, chegaron a convencer aos seus pais -cousa que foi moi difícil-.
Chegaron ata a porta sen medo, subiron as escaleiras que renxían, e non se asustaron! De súpeto, saíu unha pantasma dun cuarto e, mortos de medo, marcharon de alí.
Á noite seguinte volveron, cruzaron a porta e subiron polas escaleiras sen medo. Saíu a pantasma outra vez e… marcharon correndo!
Á noite seguinte levaron os seus tirapedras. Pasaron polo camiño máis longo para idear un plan e ver quen era a suposta pantasma. Cruzaron polo colexio, polo supermercado, pola igrexa e pola libraría. Chegaron á porta, subiron as escaleiras que renxían, cargaron os seus tirapedras e esperaron a que saíra a pantasma.
Chegaran ás dez e media e xa eran as doce e vinte!
Cando estaban a piques de marchar, apareceu. Apuntaron cos seus tirapedras, dispararon… pero non lle deron. Quixeron volver a tirar pero perderan a munición polo camiño e decatáronse de que estaban indefensos!
De súpeto, tiveron unha idea: colleron unha vella corda, amarraron os extremos a dous mobles e, cando a pantasma pasou por alí, enleou os pés e caeu de fociños.
Os dous amigos botáronse enriba, quitáronlle a máscara de pantasma e descubriron que… era o alcalde! Que así se entretiña para atraer aos turistas!"


Agora estamos á espera de ver que debuxos fixeron os pequeniños do cole para ilustrar  este conto. Seguirémosvos informando.