jueves, 22 de diciembre de 2011

NOTICIA DE ÚLTIMA HORA

Ohhhh! o libro recomentado para a lectura en Nadal está descatalogado. Chamáronme da editorial e xa non o teñen, en fin....É unha verdadeira pena porque era moi interesante. Non vos preocupedes se non o encontrades.
BO NADAL!!!!!! e estudiade un pouquiño ;-)
Avisade a quen poidades!

lunes, 5 de diciembre de 2011

Llegou o Nadal

Xa está chegando o Nadal. Tempo de familia, vacacións,.... e algo de traballo. Hai que repasar todo o do primeiro trimestre para empezar o ano novo con bo pe.
Estamos a decorar a clase para o Nadal e empezamos por reciclar os libros vellos que tiñamos na clase e que eran para tirar. Mirade que árbores tan bonitas estamos a facer.




Se queredes facelas tamén na casa con revistas vellas ou libros que sexan para tirar mirade:




martes, 22 de noviembre de 2011

Xogo matemático de operacións básicas

Mates, mates, mates, xogo, xogo, xogo.... Canto vades aprender!!!!!!!
Picade no enlace debaixo do debuxo e A XOGAR!!!!

http://www.matematicasdivertidas.com/Zonaflash/juegosflash/operaciones%20basicas%20con%20manzanas.swf

Marcapáxinas monstruosos

Agora xa lemos libros moi gordos, por iso estes marcapáxinas tan monstruosos e orixinais nos poden servir para deixar no recunchiño da folla....
Os nosos quedaron chulísimos.

martes, 15 de noviembre de 2011

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Operacións combinadas en Matemáticas

Estamos a ver as operacións combinadas en matemáticas e a orde que temos que levar para resolvelas. Xa temos na clase unha pirámide na parede que nos axuda nestas operacións, pero temos que seguir traballando. Preme no enlace que hai debaixo do debuxo:
operacións combinadas





Esperamos que vos entretengades.

jueves, 3 de noviembre de 2011

Gañadora do concurso de relatos de medo

Xa temos á gañadora do concurso de relatos de medo do cole..... e foi Marta Corbacho Sineiro de 5º A.
O conto gañador foi  seguinte:


A Casa Encantada

"A unha vila sempre chegan turistas a ver grandes museos, parques naturais… pero no Couto non hai museos nin monumentos. No Couto hai… UNHA CASA ENCANTADA! E tamén hai dous nenos moi coñecidos por ser moi teimudos. Un día quixeron pasar a noite na Casa Encantada e, de tanto insistir, chegaron a convencer aos seus pais -cousa que foi moi difícil-.
Chegaron ata a porta sen medo, subiron as escaleiras que renxían, e non se asustaron! De súpeto, saíu unha pantasma dun cuarto e, mortos de medo, marcharon de alí.
Á noite seguinte volveron, cruzaron a porta e subiron polas escaleiras sen medo. Saíu a pantasma outra vez e… marcharon correndo!
Á noite seguinte levaron os seus tirapedras. Pasaron polo camiño máis longo para idear un plan e ver quen era a suposta pantasma. Cruzaron polo colexio, polo supermercado, pola igrexa e pola libraría. Chegaron á porta, subiron as escaleiras que renxían, cargaron os seus tirapedras e esperaron a que saíra a pantasma.
Chegaran ás dez e media e xa eran as doce e vinte!
Cando estaban a piques de marchar, apareceu. Apuntaron cos seus tirapedras, dispararon… pero non lle deron. Quixeron volver a tirar pero perderan a munición polo camiño e decatáronse de que estaban indefensos!
De súpeto, tiveron unha idea: colleron unha vella corda, amarraron os extremos a dous mobles e, cando a pantasma pasou por alí, enleou os pés e caeu de fociños.
Os dous amigos botáronse enriba, quitáronlle a máscara de pantasma e descubriron que… era o alcalde! Que así se entretiña para atraer aos turistas!"


Agora estamos á espera de ver que debuxos fixeron os pequeniños do cole para ilustrar  este conto. Seguirémosvos informando.

miércoles, 26 de octubre de 2011

O Samaín

Xa chegaron os tempos escuros, onde os días se fan máis curtos e a noite chega antes... Esta semana celebramos O Samaín. Para festexarlo vamos aprender unha canción de Luis Pescetti  (El niño caníbal). Tamén participamos nun concurso de relatos de medo. Estamos desexando saber o gañador ou gañadora. Mentres tanto vos deixamos coa canción de Pescetti.


lunes, 10 de octubre de 2011

Presentación

Ola a todos e todas, hoxe toca presentarnos. Entre as dúas fotos estamos os 19 nenos e nenas da clase de 5º A. Puxémonos moi guapos e guapas para a ocasión.




jueves, 6 de octubre de 2011

COMEZO

Hoxe damos comezo a unha nova aventura no colexio. Agora xa estamos en 5º e sumamos a este blogue a todos os nenos e nenas de 5º A. Somos en total 36 rapazes entre os dous cursos. Contarémosvos  a nosas experiencias, inquietudes, aventuras e todo o que se nos ocurra.
Deica logo!!!!!

lunes, 30 de mayo de 2011

Día internacional do xogo

E agora, un divertido vídeo de animación para celebrar o día internacional do xogo, e unha cita de Francesco Tonucci. "Los niños y las niñas que han podido “jugar bien” y por bastante tiempo, serán mejores ciudadanos".

sábado, 7 de mayo de 2011

Unha nova visión da canción de Macaco

Este traballo o realizaron rapaces do colexio "El Chaparral" da Cala de Mijas en Málaga. Nos tamén o traballamos pero doutra maneira. Disfrutade deste traballo porque é espectacular.




MOITÍSIMAS GRAZAS

lunes, 2 de mayo de 2011

O maiño MAIO é moi pillaban.....

Xa chegou maio e con él o calorciño, os días máis longos... e os Maios. Na clase estivemos colaborando co Maio do colexio e fixemos guirnaldas e unha falda. Tamén trouxemos moitas flores, fiuncho, ovos, laranxas, etc...  Aquí vos deixamos unha mostra de como traballamos.



martes, 12 de abril de 2011

Sistema métrico decimal

Preme aquí para practicar o sistema métrico decimal (lonxitude, capacidade, peso...) e serás todo un campión ou campiona. Ánimo!!!

exercicios sistema métrico decimal

martes, 5 de abril de 2011

Granada. Así a coñeceredes mellor

Paseando por esta páxina coñeceredes moi ben a cidade de Granada. Copia e pega o seguinte enlace e poderás facer unha gran viaxe


http://www.cepaxarquia.org/webquest/webquest/soporte_horizontal_w.php?id_actividad=150&id_pagina=1

Repasamos coñecemento: a materia

Grazas Rosa ;)

viernes, 1 de abril de 2011

A amizade entre dous animais diferentes

Os humanos debíamos aprender as actitudes dalgúns animais. As diferenzas non deben ser obstáculo para a convivencia.


jueves, 17 de marzo de 2011

A voltas cos contos.

Que cousas bonitas facemos nas linguas. Escoitamos a unha gran escritora e investigadora  de contos: Alma Flor Ada e coñecimos a gran importancia que teñen os remates dos contos. Vos la poñemos para que tamén a escoitedes vos. Copia o seguinte enlace:

http://bcove.me/1k4u4ibk

Agora selecionamos os mellores contos da clase de castelán despois de traballar neles toda a tarde do luns. Os contos partiron dun comezo común e cada quén o desenvolveu  como quixo.

O COMETA DE COLA DE LUZ AZUL

"Dalia era una niña a la que le gustaban mucho las estrellas. Su abuela le regaló un telescopio para verlas de cerca. Una noche que observaba el cielo, Dalia vio un cometa que se acercaba a la Tierra con su gran cola de luz azul. Dalia vio como se estrellaba y fue a verla. Cuando llegó quedó impresionada. ¡A su lado había una estrella de vedad! Miró hacia arriba y vio que la madre de la estrella la estaba buscando. Dalia subió al cometa con la estrella en brazos. Estuvieron toda la noche viajando y al llegar puso la estrellita en su sitio. Al llegar se lo contó a su abuela. Dalia había vivido una aventura extraordinaria y fue feliz para siempre" (Autora: Athenea Maneiro Fariña)

"Dalia era una niña a la que le gustaban mucho las estrellas. Su abuela le regaló un telescopio para verlas de cerca. Una noche que observaba el cielo, Dalia vio un cometa que se acercaba a la Tierra con su gran cola de luz azul. Cuanto más se acercaba al cometa más fascinada se encontraba Dalia. Poco a poco la imagen del cometa se hacía más nítida, y al llegar a la altura de su ventana, el cometa se paró envolviendo a Dalia en un manto azul. Entonces Dalia se subió en el cometa y empezó a viajar en él recorriendo El Universo  y viendo lo maravilloso que era ver todo desde la altura. De repente empezó a sonar una alarma y se oía ¡PIII, PIII, PIII! Era el despertador, ¡qué desilusión! solo había sido un sueño. pero fue un sueño maravilloso. Y colorín colorado este cuento ha terminado y el tuyo no ha empezado." (Autor: Alexandre Portas Otero)

miércoles, 16 de marzo de 2011

Rematou o entroido.

Un ano máis de entroido, pero xa pasou. Pasámolo xenial. Como xa vos dixemos fomos de africanos e este foi o resultado:



viernes, 18 de febrero de 2011

Vamos ao colexio, qué sorte!!!

Levamos moitos días falando da gran sorte que temos de poder ir ao colexio e aprender moitas cousas. Tamén falamos moitísimo de que aínda que todos somos diferentes a convivencia entre distintos nos fai máis grandes. Por iso hoxe vimos na clase a curtametraxe "Binta y la gran idea". Esta curta está dirixida por Javier Fresser e pertenece á película 'En el mundo a cada rato'. Rodado en Senegal coa axuda de UNICEF, conduce ao espectador ao mundo de Binta, unha nena de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa prima de ir ao colexio.

Ademáis aproveitamos para que todo o mundo vexa como poden quedar os nosos disfraces de entroido, porque este ano vamos de africanos. De africanos da África occidental (Senegal, Nixeria,...). Vos seguiremos informando.....


martes, 8 de febrero de 2011

A nosa mascota LISI

Os nenos e nenas de 4º B estamos moi contentos porque temos unha nova amiga e a queremos presentar. É unha gatiña moi simpática e divertida de cor morado que apenas ten un ano e pico. Chámase Lisi.
Lee moitos contos, sobre todo de animais. Gústalle aprender cousas novas e está moi atenta a todo o que pasa na clase. É unha gata moi xoguetona, gústalle xogar co seu xoguete que á unha pelotiña vermella que colga dun pau. Se lla colles e acercas verás como xoga. Despois dos recreos está tan cansa  de correr detrás dos seus amigos que se mete no cestiño e bota un gran sono. Tamén miaña cando se acaricia. Pasadlo ben ca nosa mascota.

lunes, 31 de enero de 2011

Todos os nenos e nenas de 4º B

Hoxe xa toca presentarnos. Todos estes somos os nenos e nenas de 4º B do CPI Julia Becerra Malvar. Nesta foto estabamos celebrando o Magosto 2010. Somos en total 21 nenos e nenas e de aquí en adiante seguiremos contando mais cousas coas nosas experiencias.


 
Posted by Picasa

viernes, 28 de enero de 2011

Seguimos coa festa do día da PAZ

Co motivo do día da paz e non violencia deste ano fixemos un mural con razóns para crer nun mundo mellor. Tamén falamos moito sobre qué podemos facer desde aquí para mellorar a situación que nos rodea y cantamos na clase a canción de Macaco "Mensaje del agua". Todo eso o tedes a continuación.

O noso MURAL



E a nosa CANCIÓN

martes, 18 de enero de 2011

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o día da paz. Aínda que este é un anuncio, a mensaxe é de esperanza. Disfrutádea

PRESENTACION

Ola, como xa estamos máis preparadiños vou presentarme. Son Yolanda, a mestra de 4º B do CPI Julia Becerra Malvar e a partires de agora contaremos todas as peripecias, experiencias, actividades, ...que vaian xurdindo día a día.


saúdos

Hoxe estamos probando, en canto teñamos todo claro, a publicar!