miércoles, 8 de febrero de 2012

Día da Candeloria

Xa saíron os gañadores do certame de cartas de amor do Día da Candeloria e os gañadores foron....... ta ta ta chán...... Adrián Castro Carrera e Luís José González-Redondo Montojo. Fixeron unhas cartas moi bonitas. Se queredes botales un olliño aquí as tedes:


Adrián Castro Carrera

Ola, cariño. Intentarei dicirche todo o que tiña gardado para ti neste
tempo. Quizais se algún día estás comigo poidas entendelo e comprenderme, ou quizais non… Só le e logo veremos.

Quizais nunca chegues a entender por que significas tanto para min
e por que a túa opinión é a máis importante. Quizais nunca chegues a
comprender por que non tremo ao mirarte aos ollos e dicirche o que significas para min. Quizais nunca… por que cada vez que te busco desexo facerte feliz. Fasme vivir, fasme rir, fasme ter un corazón moi grande…

E só quero dicirche que non importa o tempo que pase. Eu estarei
aquí esperándote, sen importar as pelexas que tiñamos.

Sempre darei o meu brazo a torcer se é necesario, porque me importas
e quérote. Espero que nunca me esquezas e que sempre me queiras como te
quero eu.

Sempre teu,
Adrián



Luís José González-Redondo Montojo

Querido Jacob:

Ti sempre fuches o meu mellor amigo dende que nos coñecemos. Aínda
que ás veces enfadámonos, sempre o superamos e volvemos a ser amigos.
Axudáchesme en momentos difíciles, defendíchesme en malos casos, tamén
botáchesme unha man cando o necesitaba. Espero que sigamos sendo amigos
para sempre.

Con cariño
Luis.


A entrega de premios foi moi emocionante:



Esperamos que vos gustara.

viernes, 3 de febrero de 2012

DÍA DA PAZ

Esta semana celebramos o día da paz e, entre outras cousas, colaboramos cos nenos pequenos no seu mural. Os nenos e nenas de 5º A lles axudamos a facer as letras e eles fixeron o arco da vella. O mural quedou así de bonitiño:





Tamén estamos traballando nun lip dub coa canción de Macaco "Mensajes del agua". Agora estamos coa organización dos grupos e cos ensaios....uffff!!!! Estade atendos ao blogue porque o lip dud está ao caer.
Saudiños

jueves, 2 de febrero de 2012

Primera visita á BIBLIO de PITICÁN

Hoxe por fin fumos á biblioteca. Encantounos porque había moitos libros novos e porque é moi colorista.
E para celebralo vos deixamos cun video precioso sobre o amor aos libros. Disfrutadeo



A que é bonito? ;-)